Que personaxe de Cunqueiro queres ser?

Mil Primaveras quere ser o Festival da Fantasía Cunqueiriana, e como tal queremos visibilizarnos ese día na praza e rúas Mindonienses. Anímate e ven caracterizado, vestido pola túa fantasía, a narrativa e o mundo creativo do autor. Podes ler de novo a Cunqueiro e escoller entre as súas obras e os muitos personaxes.

Queremos poñercho facil, aqui tes un pequeno guía de personaxes e posibilidades para vestirte e caracterizarte.

O GATIPEDRO

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra

XIL DA RIBEIRA

Sempre que podía miraba ao doente ao ar libre sob un enorme paraugas que tiña, xa porque chovese, xa porque fixese sol, xa porque corría ou vendaval ou nordeste. Xil sentábase nun escano e o doente tumbábase no chán.

A VOADORA DE SERANTES

Eran as seis dadas cando se escoitou o asubío de cando en vez interrumpido por uns tronos xordos, que metían medo. María de Fontes viña polo ar, como a primeira vez que a vira Manuel Páramo, sentada na súa banqueta.

O CABALO DE ALBERTE MERLO

Unha tardiña de verán, Alberte Merlo deulle ao seu cabalo unha merenda de herba fresca, e despóis sentouse no cepo de partir a leña a lér o xornal.O cabalo merendou e pasou a sua cabeza por derriba do hombreiro do amo, e con voz humana preguntoulle: – Como vai o mundo?… 

O MAGO MERLIN

Os ollos claros, e aquela a súa fronte levantada e señora, e ata aquel xesto que tiña de acariñala coa man dereita cando che falaba. Era de moi poucas carnes, pero moi posto nos seus anchos e gentil, e moi andador»— ou nos esboza a súa forma de vestir —vestido de negro con bufanda colorada e usando anteollos para ler

BARCAS E O GOLPE

…o golpe,que dixo chamarse Anís… -Anís?, perguntáballe eu a Barcas. -Si señor,Anís! Díxomo ben craro seis ou sete veces. Pois vai Anís e perguntóulle a Barcas si querería facerlle unhas zocas subidas, ben apicadas. – Nunca se víu un raposo con zocas!, díxolle Barcas a Anís. -Ben se ve que nunca fuches de Monfero! …

O LICHO DE VILAMOR

Andaba polas feiras sacando moas. Chegabs a unha feira, subíase a un caixón, e colgábase do pescozo un grande colar feito cos dentes e moas meirandes que sacara, e paratraguer á clientela, espricaba as pezas máis famosas

PERRÍN DE BURIZ

Gran andador, sabíase as seras, a Corda e máis o Cadramón. Alá polo ano trinta e catro rompeu unha perna e estivo un mes no leito. Foi entón cando comezou a soñar que falaba coa animais, especilamente co seu can Colón.

A ÁNIMA DE SOUTO DE LIRES

..Don Perfecto Illade Morante miróu ben para o corvo, que lle recordaba a alguén. Sí, home, a Manuel Berdía, a Souto de Lires. Tiña a cabeza ladeada, unha aza máis curta que a outra, e a pata esquerda volta.

 – El que fas por aquí,home?, preguntóulle o crego.

  – Voando non hai coxos!, berróu o corvo…    

outras personaxes

O PARAUGAS XACINTO

Paraugas enorme, máis alto que un home, cor cincenta, o puño era un rostro humano, con barba de pelo e ollos de cristal, boca colorada e aberta como a dun home morto, a língua longa e roxa coma a dun can

A TÍA REMEDIOS

Muller miúda, mui morena, obrigada , por disposición testamentaria da condesa a vestir de batista rosada con adorno de encaixes negros. Recollía o pelo nun grande moño. Traguía no equipaxe, herdo da condesa, un can, o canciño Napoleón. Era un lanudo branco, pequeniño, de carta e media de longo, o fuciño azul e os ollos dourados. Vaia, o olloesquerdo dourado, redondo como unha moeda de ouro cortada pola raia negra da pupila, e o  dereito tíñao postizo, que o perdera nun accidente, e no seu lugar puxéranlle un axóuxere. Un axóuxere de ouro.

O ENANO DAS BURLAS

sentado nunha pena, un tipo pequeno, envolveito nunha capa marela.

PONTES DE MEIRADO

Fumaba en cachimba e gastaba sombreiro. Alto, fraque, moreno, sempre acatarrado, envolvía nunha bufanda a franxas verdes e roxas o longo pescozo, no que lle xurdía unha grande noz, afiada e pilosa, sempre inqueda. Fumando, botaba fume arreo pola boca e os fuciños, e coido que polas orellas e máis os ollos. O sombreiro quedaba acolá enriba envolveito nunha fumareda. E como dunha fonda cova saía a súa voz ronca. Dentes longos e espatulados do peto de dentro da zamarra tiraba un pano branco bordado con froliñas azuis.

máis ideas

O verdugo da Cañiza. Hai cen anos chegou á Cañiza un verdugo con problemas para coller cama(…)Agustín charla con el: é moi estimado, inventou unha guillotina portátil, a isabelita, en honor de Isabel II. Tamén inventou un nó para axustizar que proba cunha bufanda en Agustín; quédalle a marca da proba.

Freire de Rego. Era moi bo menciñeiro, que todo o curaba con auga, auga de alba, mais tiña un pelo “pelirroxo” que facía desconfiar a algúns. Un parente seu, Segundo, foi servir a El Rei e tivo ocasión de curar a Afonso XII con leite de burra para os catarros. A burra foi roubada. Acabaron na familia cun reloxo de prata, galano real.

A orella dereita de Antón de Leivas. Un día no cine dinlle que ten unha orella máis grande. Axiña o cre toda a familia e veciños. Mesmo irá xunto a un menciñeiro. Unha moza descobre que nela se escoita o mar como nunha caracola. É todo un éxito, ata lle serve para conquistar moza e casar. Cobra a tres pesos a sesión de curar doenzas. Un seu cuñado venezolano descobre que son as dúas orellas iguais: un caso de sugestión colectiva.

A Orella dereita de Antón de Leivas. Os outros Feirantes. TVG. Álvaro Cunqueiro

Fulxencio Parada. Era de Asados e tiña unhas laranxas que consideraba as mellores do mundo e dábaas a probar a todos. No servizo militar en Ferrol o seu capitán contáballe a historia de Pedro o Cruel atribuíndo o episodio de Beltran du Guesclin a Fernán Pérez de Andrade o Bo. A frase sonada aplicábaa ás laranxas: “non quito nin poño rei pero axudo ao meu señor”

Hermelina da Ponte. Seu pai quitaba as verrugas con palabras. Estaba empeñado en que as monxas de Allariz lle prestasen unha pel de dragón. A súa filla Hermelina xa sabía pór inxeccións. Herdou a ciencia do pai mellorada: poñía luares no corpo. Tiña boa clientela portuguesa, sobre todo un cabaleiro. Foi a Ourense e por consello de D. Vicente Risco fixo unha tarxeta H.C.P. proveedora de luares dos Reises de Portugal.

Rosa Martiño. Aprende de nena cun parente o oficio da reloxaría. Mais a súa nai non permite que sexa reloxeira. Ten que emigrar a BB.AA., onde traballa moi ben na reloxaría dun viúvo. Un brigadier trae un reloxio que non anda e estoupará un ano despois: era un atentado. Rosa casa cun piloto da mercante para volver a non me lembro se esta Rosa Mariño era de Betanzos ou de Noia. O marido tamén se mete reloxeiro.

Félix Lourido. Bo cazador e especialista en lobos. Seguíalles o rastro e como o lobo sempre ten que saír a mexar, era o momento en que el o encaraba, lle ensinaba os dentes, dicíalle tate e matábao dun tiro. Pero unha vez o lobo non daba saído e sentou a comer. Apareceulle un lobo vello que o mirou, tamén lle dixo tate e riuse del. Félix non se atreveu a matalo.

Marcelino Salgueiro. Á súa cabeza dálle por xirar a modiño. Cada vez vai a máis e el ten medo de que lle dea unha volta completa e o afogue. Vai a un menciñeiro que lle recomenda curas de espello. Ao non daren moito resultado faise un aparello de bidueiro para a manter no seu sitio. Pode ser un caso único o seu, sabendo que non daba a volta completa case a deixaba xirar e ser famoso. Mais agora a cabeza xa non quere xirar.

Anxeliña de Prado. A. aprendeu a bordar en Pontevedra. Morreu un curmán dunha cornada e fíxolle un pano con dedicatoria bordada, desde entón especializouse neses panos onde o defunto se despedía de alguén. Mesmo no caso dun que cría na transmigración se puxo o caso é volver.

Bastián de Cornide. Vive en Barcelona, imita ben os paxaros e namora unha murciana. Fan proxectos de fabricar pementón en Cornide. Teñen un fillo que nace cunha mancha coma un pementón na cara. Veñen a Cornide, plantan pementos e ela ata fabrica unha lata de pementón moi celebrada nas patronais.

Balbina da Furcada. Solteira e corentona, un día puxo un ovo, logo foron vindo outros. Chocounos nunha galiña, saíron pitos que regalaba por moi saborosos. Comezou a ter problemas de conciencia: quen a galearía a ela?, estaría o galo dentro dela? Morreu a carón do palleiro xunto a un ovo.

María a Peneireira. Casara cun peneireiro. Agora estaba viúva e arranxaba cadeiras. Correuse entre a veciñanza que tiña un espello no que vía o que facía a xente. Facía algo de trampa. Cando morreu, a sobriña non topou o espello que a sacaría de traballar. Aínda hoxe se di na miña vila Seica cho dixo o espello da Peneireira.

Sinbad o Mariño. Vello con barba longa, turbante cor salmón e un chaleco tipo coiro. Pode levar ó lado un rapaz, tamén vestimenta árabe facendo de criado ou asistente.

Se o Vello Sinbad Volvese ás Illas

Borrallo de Lagoa. Curandeiro pequeno, frouxo, sempre andaba con zamarra (pode ser pana) e dous chalecos, bufanda roxa. Curaba tolos cambiandolles o nome ou identidade, facía purgas.

Escola de Menciñeiros.

Capitán Fanto Fantini.  Heroe do ano 1450, famoso polas súas fugas das prisións máis insólitas, nacido na Italia renacentista. Sempre acompañado polo seu cabalo Lionfante e o seu can Remo. Podería vestirse con atuendo tipo medieval, espada,etc.

Aviso Legal