Programa

11 MARZO

DURANTE TODO O DÍA

11.00-20.00h_ Mercado Cultura e Fantasía. Praza da Catedral

No mercado da cultura e da fantasía do Mil Primaveras hai proxectos emprendedores e empresas locais de produtos ou servizos de proximidade: artesanía, libros, alimentación sostíbel, cultura popular..

11.00h, 12.00h, 13.00h, 14.00h, 16.00h, 17.00h, 18.00h_ Tren fantástico. Saídas da Praza da Catedral

Un tren da fantasía percorrerá as rúas de Mondoñedo. Animádevos a vir caracterizados das personaxes cunqueiranas e o seu imaxinario: un morto, unha raíña, un mago, un gatipedro, unha serea… ou calquera elemento fantástico que sirva para recrealo.

11.00-22.00h_ Tapas de Cunqueiro. Restaurantes da vila

11.00-20.00h_ Proxeccións audiovisuais ininterrumpidas. Casa museo Álvaro Cunqueiro.

  • Cunqueiro, a grande ilusión. 
  • O cabalo de Alberte Merlín

10.30h_ Escola de Teatro con Paloma Lugilde. Casa da Xuventude

En colaboración co grupo teatral da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

11.00h_ Escola de escritura con Antía Yáñez. Casa Museo Álvaro Cunqueiro

11.00h_ Obradoiro do Mago Merlín con Manolo Garcia e Xogando nas nubes. Carpa

Fabrica e o teu sombreiro e a túa variña con paus da zona

11.30-13.00h_ XII Encontro Galego de Postcrossing “Álvaro Cunqueiro”. Casa Museo Álvaro Cunqueiro

Poderás enviar a outro punto do mundo algunha das tres diferentes postais deseñadas polo ilustrador Xosé Blanco con personaxes do universo Cunqueiro. 

11.00-13.00h_ Itinerario Histórico-musical con Richard Rivera. Praza da Catedral

Un paseo para re-coñecer o Mondoñedo sonoro. Unha ruta novidosa presentada por Richard Rivera, guía oficial de turismo, músico e historiador.

12.30h_ Showcooking e degustación Con Asociación Sendeiriña. Carpa

Elaborarase a famosa receita da bola de rixóns pola que o escritor sentía devoción. Haberá degustación posterior

12.30h_ Contos a pé de rúa Con Caxoto Cativo. Carpa

Caxoto é a persoa detrás da Trastenda dos Contos, unha compañía teatral que xira arredor da tradición oral e da palabra contada. O seu contar é un apaixoante diálogo co público.

13.00h_ Conversa: Viabilidade dun grupo teatral no rural Con Xron (Grupo Chévere). Casa Museo Álvaro Cunqueiro

Actividade formativa cos grupos de teatro locais onde se intercambiarán visións, retos e metodoloxias. Estará guiada polo actor, director e activista cultural Xesús Ron, cofundador do Grupo Chévere, premio nacional de teatro e cunha traxectoria profesional de mais de trinta anos.

13.00h_ Paseo fantástico Mindoniense. Dende a Carpa

Un grupo de veciños e veciñas percorrerán a vila caracterizados de personaxes singulares da historia de Mondoñedo. É unha oportunidade para coñecer o pasado menos coñecido da vila.

13.30h_ Micro-concertos emerxentes con Con Ad Libitum23 Ensemble e o Grupo de jazz da Escola Municipal de Mondoñedo. Carpa

16.30h_ Conversa: A veciñanza como axente de valorización do patrimonio inmaterial con Xosé Gago e Lourdes Otero. Casa Museo Álvaro Cunqueiro

Actividade formativa para a veciñanza e asociacións locais coa presentación de dúas experiencias que poñen en valor o patrimonio inmaterial rural: Visitas guiadas da Pobra do Brollón, nas que o veciños son guías turísticos que non se limitan a mostrar monumentos e obxectos, senón que comprende tamén tradicións orais, rituais e saberes. Po outra banda a presidenta da Asociación Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua, Lourdes Otero Mato falará do traballo de recuperación da tradición do liño na súa parroquia.

17.00h_ Micro-teatro emerxente co grupo de teatro Ollomao de Barreiros

16.30-18.30h_ Itinerario Histórico-musical con Richard Rivera. Praza da catedral

Un paseo para re-coñecer o Mondoñedo sonoro. Unha ruta novidosa presentada por Richard Rivera, guía oficial de turismo, músico e historiador.

17.30h_ Cromina Cachiporra recibe ao Corvo Estanislao con Ton Arenas. Carpa

Fantasía e diversión asegurada nesta historia na que o corvo Estanislao busca solucións para os seus problemas de estómago co mesmo réxime que o doutor lle puxera a Xusto Cabaleiro

17.30h_ Galicia nos Goya. Casa museo Alvaro Cunqueiro

Proxección de The Monkey de Xosé Zapata. Goya á mellor curtametraxe de animación 2022.

1588, un naufrago da armada invencible é capturado e aforcado nunha plaia de Irlanda. Isto seria razoable seguindo as leis da guerra, o curiosos é que o prisionero era un mono e que a historia está baseada en feitos reais.

18.15h_ Cunqueiro Fake Corner, poesía emerxente. Carpa

Un espazo público, aberto e informal para amantes da poesía. A proposta consiste en recitar dous poemas, un do autor mindoniense e outro de creación propia (que pode ser, ou non, de inspiración cunqueirana).

19.00h_ Monólogo «Cunqueiro de aquí e de acolá» con Diana Sieira. Carpa

Espectáculo creado especialmente para a ocasión por Diana Sieira, actriz e creadora escénica galega cunha forte vinculación ó noso escritor. Con ‘Cunqueiro de aquí e de acolá’ relataranos algunhas das súas historias favoritas, pasadas polo seu tamiz, plagado de mundos de fantasía moi realistas, de poética e de divertimento.

20.30h_ Amancio Prada canta a Cunqueiro. Catedral de Mondoñedo

A Catedral de Mondoñedo acolle o concerto deste carismático cantautor berciano con fortes vínculos galegos. Coñeceu a Cunqueiro en 1976 e poucos anos despois comezou o proxecto de musicar os seus poemas. A especial sonoridade da Catedral fará do espectáculo un evento único. Prezo 10€

AFORO COMPLETO

ACTIVIDADES FORMATIVAS

25 FEBREIRO 11.00 – 14.00H Mondoñedo. Casa Museo Álvaro Cunqueiro. Escola de escritura con Antía Yáñez

26 FEBREIRO 10.30 – 14.00 e 15.30 – 19.30H Abadín. Salón de actos do concello. Escola de teatro con Paloma Lugilde

4 MARZO 11.00 – 14.00H Mondoñedo. Casa Museo Álvaro Cunqueiro. Escola de escritura con Antía Yáñez

11 MARZO 11.00 – 14.00H Mondoñedo. Casa Museo Álvaro Cunqueiro. Escola de escritura con Antía Yáñez
10.30 – 13.30H Mondoñedo. Casa da Cultura. Escola de teatro . Sesión especial diversidade con Paloma Lugilde

12 MARZO 10.30 – 14.00 e 15.30 – 19.30H Mondoñedo. Casa da Xuventude. Escola de teatro con Paloma Lugilde

17 MARZO 10.00 – 14.00H Abadín. Salón de actos do concello. Sementeira. Sesión motivacional sobre novos formatos culturais para alumnado de 16 a 18 anos

18 MARZO 11.00 – 14.00H Mondoñedo. Casa Museo Álvaro Cunqueiro Escola de escritura con Antía Yáñez
10.30-14.00 e 15.30-19.30H Abadín. Salón de actos do concello. Escola de audiovisual con Xaime Miranda

25 MARZO 11.00 – 14.00H Mondoñedo. Casa Museo Álvaro Cunqueiro. Escola de escritura con Antía Yáñez
10.30 – 14.00 e 15.30 – 19.30 Abadín. Salón de actos do concello. Escola de audiovisual con Xaime Miranda

Proxección de curtas

GALICIA NOS GOYA

11 de MARZO

17.30h_ Casa museo Alvaro Cunqueiro

Proxección de The Monkey de Xosé Zapata. Goya á mellor curtametraxe de animación 2022.

1588, un naufrago da armada invencible é capturado e aforcado nunha plaia de Irlanda. Isto seria razoable seguindo as leis da guerra, o curiosos é que o prisionero era un mono e que a historia está baseada en feitos reais.

28 MARZO

17.30h_ Auditorio

Proxección de Valentina de Chelo Loureiro. Goya á mellor película de animación 2021.

Valentina soña con ser trapecista e cre que por ser Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa asegúralle que, se as orugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible.

Entrada de balde ata completar aforo