MESAS DE TRABALLO

Queren ser puntos de encontro entre os amantes da cultura locais e emprendedores ou profesionais. Están deseñados para expoñer exemplos tanto de novos formatos como de experiencias colaborativas entorno á cultura. Pensamos que coñecer experiencias de este tipo que se están desenvolvendo en pequeños núcleos pode promover o empoderamento e servir de inspiración aos emprendedores rurais. Queremos deste xeito favorecer a construción colaborativa de experiencias creativas, fomentar a aprendizaxe da metodoloxía de traballo desenvolvida polas experiencias inspiradoras. Traeremos exemplos prácticos que traballan en proxectos rurais relacionados coa creatividade, coa colaboración e coa innovación cultural seguindo estes eixos temáticos:

Viabilidade dun grupo teatral no rural

Conversa con Miguel de Lira

13.00 – 14.00 H. CASA-MUSEO ÁLVARO CUNQUEIRO

A veciñanza como axente de valorización do patrimonio inmaterial.

16.30 – 17.30 H. CASA-MUSEO ÁLVARO CUNQUEIRO

Unha mostra de exemplos de implicación veciñal na xestión turística e cultural. Convidarase ás asociacións de veciños, asociaciacións culturais e técnicos de cultura a conversar con representantes de estes dos interesantes proxectos; Visitas guiadas A Pobra de Brollón. Os veciños acompañan aos visitantes polos principais recursos turísticos do municipio mentres lles contan lendas, contos populares, memorias e procesos de traballo tradicionais na viticultura e por outra banda As Mulleres rurais San Bartolomé de Insua (Vilalba) que levan anos traballando na recuperación de todo o proceso popular de procesado do liño, desde a súa sementeira até a elaboración final de prendas textiles, convertindo o patrimonio inmaterial nun atractivo turístico.