

ESCOLA DE ESCRITURA
Con Antía Yañez
MONDOÑEDO. Casa Museo Álvaro Cunqueiro
25 de febreiro, 4, 11, 18, 25 de marzo 11.00-14.00
Será o primeiro proxecto deste tipo na provincia de Lugo, un formato con moita aceptación noutras zonas máis urbanas de Galicia. Será unha iniciación tanto á escrita do relato e microrrelato como ao difícil camiño que é a procura da imaxinación da man de Antía Yáñez, mariñana cun talento para a literatura que constatan os numerosos premios que ven gañando os últimos anos.
Obradoiro de 15 horas presenciais + traballo autónomo e correccións na casa.
Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 15. A partir dos 15 anos.
CONTIDOS Xornada 1: Dinámica de presentación e introdución. Xornada 2: O tema. Da primeira idea á materialización. Xornada 3: Personaxes, narrador e punto de vista. Xornada 4: Tempo e espazo. Xornada 5: A estrutura.
