

ESCOLA AUDIOVISUAL
Con Xaime Miranda
ABADÍN. SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO
18 e 25 de marzo 10.30 – 14.00 e 15.30 – 19.30
A cultura actual non se entende sen a comunicación audiovisual, un formato do máis atraente para os máis novos que poderán achegarse con este obradoiro aos seus procesos técnicos e creativos adquirindo capacidades para desenvolver as súas propias obras guiados por todo un talento emerxente como Xaime Miranda, que sabe converter a súa orixe rural en obras universais.
Programa
Unidade 1: Introdución á realización audiovisual
● Conceptos básicos de realización e produción.
● Formatos.
● Procesos e planificación.
● Postos e responsabilidades nunha produción audiovisual.
Unidade 2: A idea e o guión.
● Atopar unha idea.
● Desenvolvemento dun guión.
● Despois do guión.
Unidade 3: A preprodución.
● A planificación e o espazo.
● O equipo técnico.
● Cámaras, luces e son.
● O equipo artístico.
● Vestiario, maquillaxe e perruquería.
Unidade 4: A rodaxe
● Plans de rodaxe.
● A posta en escena.
● Dirección de actores e a súa importancia na realización.
Unidade 5: Montaxe e posprodución.
● Técnicas de montaxe e edición.
● A cor.
● O son e a música na posprodución.
● Animación e efectos visuais.
Unidade 6: Distribución de contido.
● A importancia do marketing na distribución de contido.
● Plataformas de distribución e as súas características.
● Estratéxias de marketing e promoción de contido.
